
Rúa Lope Gómez de Marzoa S/N, 15705 Santiago de Compostela TLF: 981 534 180 FAX: 981 524 351 feuga@feuga.es
A Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) creouse en 1982 como entidade de interese universitario de dereito privado, sen fins lucrativos e coa misión de contribuír ao desenvolvemento da economía e da sociedade de Galicia.
A Fundación integra ás tres universidades galegas: Santiago, A Coruña e Vigo, así como as máis destacadas firmas do tecido empresarial da comunidade. Dende a súa constitución promove a colaboración do sistema universitario de Galicia co seu entorno empresarial, a través da transferencia de tecnoloxía e coñecementos e da procura de novos enfoques e mecanismos.
A fundación estrutura a súa actividade no eido dos recursos humanos a través de dous programas: as bolsas de formación, onde destaca o programa Despega, e as bolsas de prácticas.
[cerrar]